Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Maio 2007

O VIXIANTE DA PRAIA

Posted by pepe penas o Maio 16, 2007

esquio.jpg
O verán que pasou, un día a beira da Praia de Lourido (Pontevedra), pillei a este esquio botándolle o ollo a unhas mozas que estaban a carón da auga; a xulgar polo xeito de abrir os ollos, as mozas tiñan que gustarlle moito…teño que dicir que o tal esquio sabía ben o que tiña diante …pagaba a pena pararse un chisco e mirar para elas…eran das que lle gustan a todolos cristianos.

Posted in Vino cos meus ollos | 7 Comments »

A DIASPORA

Posted by pepe penas o Maio 7, 2007

adorablejuventud canaris
O meu amigo Xavier emprestoume un monte de revistas dos anos trinta e corenta; no medio de todas chamoume a atención este cartel dunha compañía alemana: Hamburg Sudamerikanische, no que se poñían as saidas dende Vigo para Rio de Xaneiro, Santos, Montevideo e Bos Aires; nel aparecen as datas, os barcos, e o custo da pasaxe. Polo outro lado do papel veñen unha serie de cousas que había que ter en conta no intre de tomar a decisión de ir para outro pais.
Entre os anos 1882 e 1935 arredor de tres millóns de españois deixaron a sua terra para probar sorte no outro lado do mar; esta xentiña que se botou polo mundo adiante foi, maiormente de Galiza e Asturias; ainda que tamén houbo de Cataluña, Castilla, Pais Vasco e Illas Canarias. O ano 1930 non foi certamente un bo ano; dempois do crac da Bolsa de Nova Iorque, comezou a depresión en todo o mundo. A situación en España viña de dar unha reviravolta, en abril do 1931 proclamase a II Republica, nese mesmo ano mandaba en Arxentina Jose Felix Uriburu que dou orixe a un cambio politico. En Uruguay mandaba Gabriel Terra. Nesas mesma datas en Brasil mandaba Getulio Vargas.
Picando nestas ligazóns poderanse ollar as fotos destes barcos; quizais algún deles puido ser a casa onde estivo algún parente teu namentras non chegou ao seu destino. Todos marchaban co desexo de regresar algún día…algúns puideron facelo…outros volveron nos xenes dos seus descendentes.

Pica nas fotos se as queres ver a maior tamaño

Posted in Cousas da terra | 6 Comments »