Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Xaneiro 2006

PARIS DAKAR

Posted by pepe penas o Xaneiro 29, 2006

cansnegros.jpg
Dous esforzados pilotos do Rally Dakar, coñecido coma o mais duro do mundo, comenzan a pé a travesía do Deserto do Asfalto.

Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comments »

DE VISITA

Posted by pepe penas o Xaneiro 27, 2006

haialguen.jpg
Isto de andar cobrando polas portas e un traballo fodido……se te ven chegar apagan a luz e fican caladiños…. as veces sintese un neno dicindo: di o meu pai que non lle estamos na casa…..

Posted in Vino cos meus ollos | 2 Comments »

MANIAS

Posted by pepe penas o Xaneiro 24, 2006

LAS REGLAS DEL JUEGO SON: El primer jugador de este pasatiempo inicia su mensaje con el título “5 extraños hábitos tuyos”. Las personas que son invitadas a escribir un mensaje en su respectivo blog a propósito, de sus extraños hábitos, deben también indicar claramente este reglamento. Al final, debéis escoger 5 nuevas personas e indicar y añadir el link de su blog . No olvidéis dejar un comentario en su blog diciendo”Has sido elegido” y dices que lean el vuestro.
El amigo Acedre me metió en este juego…Voy a poner las cinco manias que considero mas extrañas; a continuación intentaré implicar a otros cinco …espero que se lo tomen con buen humor. Ahi van mis supermanias:

1.- Me gusta leer el periódico empezando por la última página
2.- Nunca leo las noticia de fútbol.
3.- Me atrae pasar por debajo de una escalera.
4.- Al hacer un análisis de sangre tengo que ver como me pinchan.
5.- Cuando cierro una puerta siempre empujo con la mano.

Posted in General | 4 Comments »

OS AMIGOS DOS MEUS AMIGOS

Posted by pepe penas o Xaneiro 22, 2006

gatoescapa.jpg
O can é o mellor amigo do home.
O home e mais eu imonos entendendo.
Enton ¿por que ese cabrón de can non me deixa baixar.?
Hai un refrán que di: os amigos dos meus amigos, amigos meus son.
¡Polo carallo!, digo eu….uns si e outros non…

Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comments »

RECAMBIOS

Posted by pepe penas o Xaneiro 20, 2006

minimorris.jpg
Se tes un Mini daqueles de antes e precisas dalgunha peza para arranxalo; ¡estaś de sorte!….En Salcedo, na Provincia de Pontevedra, hai unha pequena tenda que te poder sacar do apuro. Se chamas por telefono non esquezas poñer o 986 diante…Se es dos que aindan conservan desas xoias, non dubides…se queres volver a guialo ponlle a peza que lle falta…

Posted in Vino cos meus ollos | 1 Comment »

A EVOLUCION

Posted by pepe penas o Xaneiro 17, 2006

roiterritorio.jpg
Coma todos sabemos os cans e outros animais non saben escribir nen falar; nos cando queremos que os demais se decaten que están nun sitio que é noso temos mais dun xeito de dicirllo; podemos poñer un letreiro que diga: propiedade privada, prohibido o paso ou tamén podemos darlle un berro para que nos oia. Pero e os cans,¿como fan os cans?..Fai moitos millóns de anos, cando ainda había poucos, de seguro que o que era dono de algo comezaba por ensinarlle os dentes o veciño mal cabido, ou ladraba de xeito que o outro collera medo e liscara co rabo no medio das pernas. Os tempos foron pasando, cans cada día había mais; xa non era doado andar todo o dia ensinado os dentes e ladrando coma un tolo. Segundo Charles Darwin os animais (nos tamén) evolucionan; os cans decataronse que gastarían moita menos enerxia ,se en vez de ladrar e ensinar os dentes, se botaran a dar un paseo, e coma que non quere a cousa, foran mexando por onde pasaban; os seus veciños poñerían moito tino de non poñer as patas onde tales sinales houbera; unhos foron aprendendo dos outros, e hoxe todos marcan o seu territorio con mexadas; os homes poñen valos, sebes, estacas con arames e letreiros. Agunhas veces ,polo visto, a evolución en vez de ir para diante vai para atrás; así, por exemplo, hai paxaros que perderon a facultade de voar. Dende fai unhos anos, nas partes vellas das cidades, hai algúns sitios que de tal xeito cheiran a mexo, que case che ven o desexo de respirar para fora. Neses sitios case non se ve a ninguén, pero de supeto hai dias que comezan a chegar cristianos por todalas bandas … xuntase xente e xente..tanta se xunta que custa traballo camiñar polo medio; ai non e doado poñer letreiros, nin sebes, nin marcos..¿será que a evolución dou un paso para atrás, e o xeito de non gastar tanta enerxía será facer coma o can desta foto…?

Posted in As fotos falan | 3 Comments »

UNHOS E HUNOS

Posted by pepe penas o Xaneiro 11, 2006

adiantando.jpg
As autoestradas foron feitas para chegar de contado os sitios, no noso pais tamén para seguir pagando peaxe toda a vida; xa que UNHOS coches corren mais ca OUTROS, e de boa educación que os OUTROS deixen pasar os UNHOS. Quero dicir que no que vou poñer de seguida non hai maldade ningunha, a fé non, se nos fixamos un chisco logo nos decatamos de que “UNHOS” está emparentada con “HUNOS”; veñen a ter as mesmas letras, ou coma di a xente que sabe: teñen os mismos xenes. Segundo conta a historia os HUNOS eran UNHOS que facían moitas animaladas; os UNHOS, dicia a xente da miña aldea, sonche igualiños cos porcos: onde comen,cagan…Non sei se en realidade os UNHOS onde comen cagan, pero do que non hai dubida, ollando esta “radiografía”, e que cagar cagana cando van vestidos de coche e adiantan a outro ou a outros.

Posted in Vino cos meus ollos | 3 Comments »

CARTA DUN NENO DE DESPOIS DA GUERRA

Posted by pepe penas o Xaneiro 6, 2006

reiscarta.jpg
Dorvisou, enero de 1941-Tercer año de la Victoria
Queridos reises:
Primero vos tengo que dicir que en la escuela la maestra me está aprendiendo a hablar el castellano, porque seica es una vergonza que en las aldeas solo sepamos el jallego, me costa algo de trabago pero las cosas me van saliendo megor: agora ya no dijo Santiajo, ya se dicir Santiago; la señora maestra me digo que cuando fuera mas jrande, se sabía bien el castellano ya podería ir por el mundo con la cabeza bien lovantada, y no me pasaría lo que le pasó a otros coma el Sr. Castelao, que por lo visto se tivo que marchar de aquí por que se rían del, no sabía el castellano, hablaba y escribia siempre en jallego; parecía mentira que alguién que era médico no valiera para estar en el medio de señores que hablaban tan bien el castellano; me habló también de otro señor que era de de la parroquia de Outeiro, moi cerca de Duxame; disque estivo en Cuba, fue Gobernador de Manzanillo, y era coronel de la Marina; allá se le dió por escribir en jallego, y por culpa deso ya casi no lo conocen ni en el sitio en donde nació; ainda me recuerdo bien del nombre, se llamaba Luis Otero Pimentel; la maestra me dijo: mira Pepiño, que no te pase coma ellos; aprende el castellano y ya verás como todos te tratan bien.
Le prejunté a la maestra porque en las cartas teniamos que poner Tercer año de la Victoria, ella me digo que un señor que le llamaban Caudillo había ordenado que se hiciera así; seica habió una jerra contra una gente que eran moi malos, les dicían los comunistas; en los tres años que duró, el tiempo se contaba de una manera moi rara, se dicia: Primer Año Triunfal, Sejundo Año Triunfal y Tercer Año Triunfal; después dician: Primer Año de la Victoria, Sejundo Año de la Victoria, y ya no me recuerdo hasta cuando se sijió contando: me acuerdo que siendo ya mas jrande se dicia: 25 Años de Paz Ciencia y Trabajo ( aljuna gente retorcida dicía: 25 años de Paz-iencia y Trabajo) . Yo a la maestra no le quise dicir nada, pero yo sentía a los mas jrandes que dicían de otra manera: Primeiro Ano da Fame, Sejundo Ano da Fame, Terceiro Ano da Fame, e despues Los Anos de la Fame sejida.
Tenjo que decirvos que no vos puedo degar el zapato en la ventana, los nenos de las aldeas no tenemos zapatos; tenemos zocos, que sirven megor para andar por el medio de la bosta de las vacas y por enriba de la lama de las corredoiras; asi que ya los sabedes onde veais un zoco darvos de cuenta que es el mio; si podeis me degais un libro para aprender el castellano; ya nos vos pido mas nada..sabeis un cosa: desde que la maestra me digo que tenía que aprender el castellano no me da el sono por las noches; paso el tempo falando con Pedro Chosco, el tiene janas de que me duerma, pero yo no quiero y no hajo mas ca prejuntarle cosas: ¿quien era Caudillo?,¿que eran Años Triunfales?. ¿Que eran años de la Victoria?. ¿Que eran años de la Fame?.. Pedro Chosco tiene pacencia, pero comijo la acaba perdiendo; cuando me doy de cuenta está roncando y con los ojos cerrados.
Me doi de cuenta que vos a ser dificil traerme lo que vos pido; porque desde hace aljún tiempo a los reis no vos ven nada bien: primero fueron los de a Republica que no eran vuestros amijos, y después vino Caudillo que tampoco quería que fuerades a la misa en su carro. Me justaría pedirvos una enchenta de cosas, pero como se que no vos dejarían pasar solo vos pido el libro para aprender castellano; así cuando vos paren y vos prejunten que andais haciendo, sejuro que vos dejan pasar; solo teneis que dicirles que le llevais a Pepiño un libro para que aprenda el castellano.

Posted in Lembranzas dun neno | 15 Comments »

A DERRADEIRA CARTA

Posted by pepe penas o Xaneiro 3, 2006

Remexendo no arquivo atopei esta carta; unhas das moitas que andaban de man en man naqueles tempo de estudiante
Acarón do cadaver dun suicida atopouse esta carta
Señor Xuiz:
Non lle bote a ninguén a culpa da miña morte; quiteime a vida porque se sigo vivindo neste mundo non sabería quen son. Verá vostede, Sr, Xuiz, tiven a desgracia de casar cunha viuva, esta tiña unha filla.
O meu pai, para maior desgracia, era viuvo, namorouse e casou coa filla da miña muller, de tal xeito que a miña muller viña sendo a sogra do meu pai; a miña fillastra converteuse na miña nai, eo meu pai o mesmo tempo era o meu xenro. O pouco tempo a miña madrasta trouxo o mundo un home que era meu irmán, pero por otra banda, era neto da miña muller, de tal xeito que eu era o avó do meu irmań.
Pasado un tempo, a miña muller trouxo o mundo un home, que por ser irmań da miña madrasta era cuñado do meu pai e tio do meu fillo.
A miña muller era sogra da súa filla, e eu son o pai do meu pai, e o meu pai maila súa muller son fillos meus.
O meu pai e o meu fillo son irmańs, a miña muller é a miña avoa xa que é a nai do meu pai, e ainda por riba eu son o meu avó.
Sr, Xuiz: Voume deste mundo porque non son quen de saber quen son.
Non me da vergoña dicilo…….canto mais leo a carta mas traballo me custa entender o barullo que tiña coa familia…..entendo que o bo do home estivera anguriado.

Posted in Babecadas | 1 Comment »

CABALO CANSADO

Posted by pepe penas o Xaneiro 2, 2006

cabalocansado.jpg
Este e un cabalo cansado; como dicia a xente da miña aldea: fora a alma os aninais son o mesmo ca xente, se teñen famen comen, e se teñen sono deitanse a dormir. Ollando este retrato lembrome das “sopas de cabalo cansado”, unhas cuncas cheas de viño tinto, e acuguladas de pan ata que unha culler quedaba espetada de pé sin que caera nin para unha banda nin para a outra. Polo que eu sentía polas miñas orellas, disque non habia mellor cousa para ter a forza dun cabalo. ¡Que me leve o demo se algunha vez souben se eso era certo ou eran cousas de xente trangalleira!; fose o que fose, o certo e que endexamais cheguei a sabelo; de neno non tiven a coraxe de achegarme o viño tinto, dabame noxo; agora que pasaron os anos, ata boto pola gorxa un grolo de tinto…pero as sopas..deixollas para quen sexa amigo delas.
Cando olleí este cabaliño botando a siesta, lembreime da xente que tamén se deitaba dempois de pelexar cunha boa cunca de sopas…agora entendo porque lle chamaban sopas de cabalo cansado…..

Posted in Lembranzas dun neno | 2 Comments »