Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Decembro 2004

CARROÑAESTAFAS

Posted by pepe penas o Decembro 29, 2004

No pierdas de vista este número de teléfono.Es sospechoso. si es alguien que reparte paquetes..menuda jeta..te cobra para que le des tu domicilio correcto…a cambio te entrega un paquete sin cobrarte nada
  806 466778
Saliéndome de lo habitual escribo en castellano para que los que lean esto sepan de que estoy hablando y no tengan que esforzarse en compender el gallego. A la hora de la comida suena el teléfono, acude mi mujer, y se oye una agradable voz  femenina.
Señorita-Buenas tardes…¿hablo con la casa de la familia xxxxx yyyyy?
Mi mujer-Pues si…dígame.
Señorita-Mire…hemos recibido una carta dirigida a Vds pero trae mal la dirección y…
Mi mujer- ¡¡ah !!…una carta..si venía mal la dirección pero ya la hemos recibido…nos la entregaron el lunes ( se da la casualidad de que mi hija estaba esperando un papel importante y fue a parar a un par de sitios  antes de llegar a sus manos).
Señorita- Si pero esta carta se ha recibido hoy..mire Vd le voy a facilitar un número de teléfono al que ha de llamar preguntando por la carta número 208..tome nota: ocho cero…seis cuatro…seis seis…siete siete ocho. Llame Vd. ahora mismo y se la llevarán a su domicilio sin coste alguno. Muchas gracias..buenas tardes.
Oído el tal mensaje, y dada la circunstancia de que mi hija está de viaje, cabía  pensar que fuese una carta que ella estuviera esperando; todo parecía normal..vamos a llamar a ver de que se trata; al finalizar de marcar el citado número una voz advierte de que el coste de la llamada será de un euro y no se cuántos céntimos….a mi mujer se le encendió una lucecita y mirando el número con el que trataba de comunicar se dió cuenta de que empezaba por 806; colgó como si se hubiera quemado la mano.. y a ambos nos entraron ganas de coger por el cuello a la dulce voz y retorcerselo hasta que recitara de memoria los números de teléfono a los que ha llamado desde que  prostituyó su voz, para llenarle los bolsillos al chulo de turno, que se dedica, no se si dentro de la legalidad, a robarle el dinero a las personas incautas que tienen la desgracia de contestar a los tan carroñeros telefonos 806 y otras ramas parecidas

Este es un hecho real…palabrita del Niño Jesús…no es ficción. El modus operandi es tal cual cuentan los enlaces.

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »

GOD BLESS TEXAS

Posted by pepe penas o Decembro 27, 2004

marta.jpg
Deus bendiga Texas e a tódala xente que está nesa terra; fai moitos anos cando oía falar dela soabame a cousa estranxeira, como moito lembraba ter lido algunha novela de vaqueiros onde aparecía ese nome que case texas.jpgnon me dicía nada, pasando o tempo xa se me fixo mais coñecida o comezar a  sair outro: Houston…Houston temos un problema, esas palabras deron a volta o mundo en moito menos dos ochenta días que foi o tempo que lle levou  dala a Phileas Fogg…lembro que cando as cousas non saían ben, dicíamos a miudo: Houston temos un problema.
Marta sempre soubo dende pequeniña o que quería acadar na vida, con tres ou catro aniños dicía que ia a ser médico..estudiou en Santiago de Compostela e fixo a especialidade no  Hospital  12 de Octubre, en Madrid; no último ano tiña que facer tres meses de prácticas noutro sitio…..ela consigueu que a quixeran no MD Anderson, de Houston; quedou tan contenta e fixo tantos amigos que antes de irse tentou de saber se ian a querela se quixera volver. Tivo que pasar por unhas duras probas aquí en España e tivo que ir a Atlanta, como si fora unha atleta, a facer outras moi duras  que tamén superou; non gañou ningunha medalla de ouro, pero acadou o que era a súa meirande ilusión: estar dos ou tres anos no MD Anderson para facer a especialidade de Neuroncoloxía.
Chegou o día de comezar outro anaco da túa vida…o vintesete voarás coma os paxaros, pero moito máis alto. Se eu tivese amigos en Houston, ía  poñer unha nota no xornal mais lido de USA, para acollerte como mereces…..como non coñezo a ninguén, e por  outra banda ti tampouco ias a querer que fora así; quedo ledo falando de tí no meu xornal…moitas persoas non saberán quen es….pero saberán que Marta e unha rapaza loitadora……, Anxeles,Xosé, avoa Elvira, os avós María, Ramón e Albino dende o ceo, e eu…sabemolo; moitas persoas que non te coñecen, poida que algún día lean esta carta de benvida, para cando chegues a Texas, e digan coma min: DEUS BENDIGA TEXAS e a MARTA, a filla de pepe penas.

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »

CARMIÑA

Posted by pepe penas o Decembro 21, 2004

carmen.jpg

Esta cantíga aprendina en Monte La Reina, Zamora, cando fixen o servizo militar…e para todalas Carmiñas….tamén para Muralla

Carmiña si vas o prado
pecha ben a portilleira
que hai un touriño bravo
que quere entrar
na pradeira.

Que hai un touriño bravo
que quere entrar
na pradeira.

Fun a casa de Carmiña
e biqueina na lareira

doume unha pucha de figos
que foi coller a figueira
doume unha pucha de figos
que foi coller a figueira.

Dame Carmiña un bico pequeno
non cho dou queridiño
teñoche medo
teñoche medo…

Si non mo das Carmiña
xa non te quero.

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »

INCRIBLE

Posted by pepe penas o Decembro 20, 2004

MUY INTERESANTE
El Libro de lo increible
Remexendo nos papeis atopei un libriño do ano 1991 que viña coa  revista MUY INTERESANTE. Son cousas que semellan incribles pero segundo  a revista son certas.

AS NAIS da tribú dos pondos de Sudáfrica están desexando que os seus fillos se casen con tantas mulleres como poidan, desta maneira as  acabadas de casar son escravas da sogra

NAS ILLAS MOLUCAS, arquipélago de Indonesia, a caza de cabezas só se pode facer por detrás, se o cazador  olla a cara da víctima, matalo sería un asasinato.

ALGUNS OFICIOS fora da lei na España  do século XVII, na xerga daquela, eran: GRUMETE ( ladrón de casas con  escada ), DEVOTO ( ladrón de petos nas igrexas ), APOSTOL ( especialliste en ganzúas  ),  CAPEADOR  (  ladrón de capas na rúa  ),  y  JACARO, JAQUE  o RUFO (  matón ou asasino a  soldo  ).

GEORGE EASTMAN, fundador da empresa Kodak,  aborrecía que lle fixeran retratos.
O REY ISMAIL de Marrocos, que viveu no século XVII, polo visto tivo 1.056 fillos.

ROY SULLIVAN, gardabosques norteamericano, en toda a súa vida caeronlle chispas unhas sete veces. Ningunha delas o matou. Sullivan matouse dun tiro no ano 1983.

NO ANO 1879, en Ferrol, as térmites comeron enteiro un barco de guerra.

AS CEBRAS non son brancas con raias negras, son negras con raias brancas.

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »

CHOVE MERDA

Posted by pepe penas o Decembro 17, 2004

Investigan una extraña lluvia de excrementos en Francia
Leo na Voz de Galicia do 17 de Nadal do 2004: Unha estraña chuvia de merda foi detectada nunha aldeiña francesa chamada Maugui, preto de Montpellier; hai a sospeita de que a botan os avións que voan por riba dese lugar. Outras fontes, xeralmente ben informadas, coidan que debido a cantidade de porcallada, que dende fai unhos anos  estase a botar no "congreso dos despistados", houbo un escape que estivo a piques de  causar un sinistro en Madrid, e ocasionou pequenas molestias no país veciño.
Temos a obriga de  impedir que haxa merda onde os representantes do pobo teñen coma oficio arranxar o país. Ese sitio non foi  doado de acadar. Señorías fagan vostedes o favor de mantelo limpo

Non deixemos que persoas tan dignas, e nun sitio tan coñecido, sigan a botar merda…..pode coller moito valor….e como dicia un amigo meu: o día que paguen ben a merda, os pobres imos nacer sen cú…..

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »

PAPA NOEL ENSAIA

Posted by pepe penas o Decembro 15, 2004

noel.jpg
Nos tempos en que estamos xa case non se fan casas con chemineas, que amáis de valer para botar o fume fora, eran os sitios mais axeitados que tiña o Papá Noel para entrar e deixar os agasallos o día da Noite Boa. Hoxe pola tarde, cando ia a traballar, atopeino subido a este balcón da foto; o decatarse que eu estaba a mirar para él díxome:
Como agora hai poucas chemineas estou ensaiando para poder entrar nas casas polos balcóns ou polas ventás….non podo deixar os nenos sen xoguetes….
Desexoume Feliz Nadal…..e continuou co seu ensaio…

Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »

AMIZADE

Posted by pepe penas o Decembro 14, 2004

amigos.jpg
Fermosa palabra que atopas no diccionario, non hai que remexer moito para achala; se comezas por onde se comezan a ler os libros deseguida bates con ela; anda con moito tino, a míudo a que che aparece diante dos  ollos non é a que ti andas procurando: tén o nome de "amizade"..pero o mellor que podes facer e pechar os ollos e pasar a folla…namentras fas iso poida que diante de ti apareza a amizade que sae do corazón; a outra esquecea, non hai dubida de que e unha desas que comezan a casa polo tellado, e dicir: empezan na cabeza…para que sexa das boas ten que sair do corazón.
Cando a miña filla comezou a ir a escola, xa  pola metade do curso, non quería levar nada  para comer cando saían o recreo…non houbo xeito de acadar que o fixera;  había unha nena coma ela que sempre estaba soiña, non xogaba con ningúen; un día Marta preguntoulle se quería  xogar; e dende aquela comezou unha fermosa amizade entre  ambalas dúas. Un día chegou a casa diciendo que había unha nena que lle daba un bocadillo todolos días; a miña muller coñeceu a nai desta amiga da miña filla, polo visto dicíalle  que se non lle daba algo para Marta ela tampouco non quería nada….iso é amizade.
Aló polo ano mil novecentos vinte e tantos a nai  de Isabel, unha amiga da miña muller, tiña un vestido novo que  quería poñer o día dunha romaría….pero por mala sorte non tiña zapatos.  Unha amiga súa  ia a estrear vestido e máis zapatos;  a nai da nosa amiga non quería ir descalza; a súa compañeira, dando un exemplo de amizade, dixolle:
Ti non tes zapatos…pois eu quito os meus e imos as dúas descalzas…..iso é amizade.
Todalas las persoas que deixan dito que o día que morran donan o seu corpo para axuda de outros..está poñendo a amizade moi alta….están dando sen tan sequera saber a quén…Isto tamén e  AMIZADE..

Posted in Historias | Leave a Comment »

REMATE DO XACOBEO

Posted by pepe penas o Decembro 12, 2004

El espectáculo que cerrará el Xacobeo quemará once toneladas de pólvora
Leo na Voz de Galicia do 12 de Nadal do 2004: Once toneladas de pólvora, 25.000 foguetes e 350.000 vatios de són, e o espectáculo pirotécnico e musical que o día 17 dende as 21.30 horas vaise a celebrar nas sete grandes cidades galegas: A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Santiago. Polo visto, segundo a Consellería de Cultura, e o meirande acontecemento feito en España.

HAMBRE EN EL MUNDO. Más de cinco millones de niños murieron de hambre en el 2004.
Bo Nadal  e bo espectàculo e o desexo destes nenos

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »

BO NADAL

Posted by pepe penas o Decembro 11, 2004

pepe penas

Feliz Navidad

Bo Nadal

Alguén escriveu isto en algures

La Noche Buena se viene
la Noche Buena se va
nosotros nos iremos
y no volveremos más

A Noite Boa vense
a Noite Boa vaise
nos iremonos
e non volveremos nunca mais

Jnativty

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »

QUEROTE PAI

Posted by pepe penas o Decembro 4, 2004

querote.jpg
Nestas datas non poido deixar de lembrarme destas tres palabras: TE QUIERO PAPA, as festas da Navidade poucas veces foron para min de moita ledicia, de neno por que non lle cadrou e agora porque non vexo o meu carón moitas persoas as que eu quería. QUEROTE PAI..QUEROTE NAI; ¡cantas veces sentimos os nenos pequenos dicilas!. Van pasando os anos e pouco a pouco, sen saber de que maneira, un día xa non as sintes..¿que pasou con elas?…¿onde van?…Non van en ningures…levanas os rapaces con eles…pero xa non saben dicilas…en canto medran coidan que esas son cousas de nenos..de cando en vez chegache unha carta o unha tarxeta que pon: querovos.
Isto tamén nos pasou a nos cando iamos deixando de ser nenos…semella coma si o agarimo en vez de medrar encollera. ¡Canta felicidade si poidera ter os meus pais, velliños como serían agora, o meu carón e dicirlle hasta poñerme rouco: ¡QUEROTE PAI!..¡QUEROTE NAI!..

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »