Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

GOD BLESS TEXAS

Posted by pepe penas o Decembro 27, 2004

marta.jpg
Deus bendiga Texas e a tódala xente que está nesa terra; fai moitos anos cando oía falar dela soabame a cousa estranxeira, como moito lembraba ter lido algunha novela de vaqueiros onde aparecía ese nome que case texas.jpgnon me dicía nada, pasando o tempo xa se me fixo mais coñecida o comezar a  sair outro: Houston…Houston temos un problema, esas palabras deron a volta o mundo en moito menos dos ochenta días que foi o tempo que lle levou  dala a Phileas Fogg…lembro que cando as cousas non saían ben, dicíamos a miudo: Houston temos un problema.
Marta sempre soubo dende pequeniña o que quería acadar na vida, con tres ou catro aniños dicía que ia a ser médico..estudiou en Santiago de Compostela e fixo a especialidade no  Hospital  12 de Octubre, en Madrid; no último ano tiña que facer tres meses de prácticas noutro sitio…..ela consigueu que a quixeran no MD Anderson, de Houston; quedou tan contenta e fixo tantos amigos que antes de irse tentou de saber se ian a querela se quixera volver. Tivo que pasar por unhas duras probas aquí en España e tivo que ir a Atlanta, como si fora unha atleta, a facer outras moi duras  que tamén superou; non gañou ningunha medalla de ouro, pero acadou o que era a súa meirande ilusión: estar dos ou tres anos no MD Anderson para facer a especialidade de Neuroncoloxía.
Chegou o día de comezar outro anaco da túa vida…o vintesete voarás coma os paxaros, pero moito máis alto. Se eu tivese amigos en Houston, ía  poñer unha nota no xornal mais lido de USA, para acollerte como mereces…..como non coñezo a ninguén, e por  outra banda ti tampouco ias a querer que fora así; quedo ledo falando de tí no meu xornal…moitas persoas non saberán quen es….pero saberán que Marta e unha rapaza loitadora……, Anxeles,Xosé, avoa Elvira, os avós María, Ramón e Albino dende o ceo, e eu…sabemolo; moitas persoas que non te coñecen, poida que algún día lean esta carta de benvida, para cando chegues a Texas, e digan coma min: DEUS BENDIGA TEXAS e a MARTA, a filla de pepe penas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: