Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

FELIZ ANIVERSARIO

Posted by pepe penas o Marzo 5, 2005

Un día coma hoxe… eu con tantos anos menos coma os que ti cumpres, nun sitio do que sempre me quero lembrar e nunca mais  esquecer, nacía unha nena que se chamaba  Marta dende facía moito tempo. Nunca lle martafesta.jpgcontei a ninguén de onde saira o teu nome: alá noutros tempos cando  ollabamos a mellor TVE que había en España, TVE1 e TVE2, houbo unha tempada na que a cotío falaban de Marta e María, coido que era unha obra de teatro sobre a historia das duas irmáns de Lázaro; hoxe cando hai unha canle que non e do noso agrado, de seguida pasamos dunhos sitios a outros ata  atopar o que nos cabrea menos, daquela non habia moito para elexir…. había que erguerse ou escoitar de todo…tan a míudo oubín falar de Marta…que teño que darlle as grazas a TVE por suxerirme o nome que tes.
Estás un pouco lonxe de nós, xa que non temos xeito de facer a festa o teu carón, velai  martavoando.jpgvai a primeira foto na que estás a soprar as velas da túa tarta de aniversario con todos eses nenos que eran teus amigos….colle folgo… sopra forte contra elas…se queda algunha acesa…volve a coller folgo…e sopra ata que ningunha quede con lapa.
Se tiveras tempo e desexos de vir a  pasar un anaco con nós, tamén che mandamos estoutro retrato no que estás martarally.jpgco teu irmán e mais con Rafa e Miryam; estades a ensaiar para voar na alfombra máxica dende a casa dos avós, en Salcedo; coidamos que ainda non esqueciches como se voa….pero si non te lembras, escribe en GOOGLE: Las Mil y una Noches, e con toda seguranza atoparás algunha páxina dedicada os que desexan aprender a facer voos nas alfombras máxicas.
Se esa alfombra non voara ben, mandanos un e-mail, para que che poidamos mandar a orixinal; ainda a temos na casa; teño que dicir que non e unha alfombra, en realidade e unha manta que aprendeu a voar cunhas amigas dela que tiñan unhos devanceiros que estiveran no país de  Las Mil y una Noches.
Tamèn che mandamos outra foto, na que xa se ve que eras unha nena con espírito viaxeiro, nela estás co teu irmán..viñades de facer o "Rally das Rias Baixas", ti eras o copiloto…a xulgar polo xesto tan americano que Xosiño fai coa man dereita e case seguro que acadastes un boa clasificación.
Queremoste todos Marta…mil veces mil bicos….poñemolos dentro dunha botella …cando atopes alguén que chegue a Houston e veña do mar, preguntalle se atopou unha botella que ven desde Pontevedra e que ten un letreiro que di: Mil veces mil bicos para Marta.
Avoa Elvira, Anxeles, Pepe , Xosé e Paco Abal (Bicos tamén para Rocio e Laura; as miñas filla que están na Arxentina)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: