Costa dos Arrieiros

Dorvisou, terra..muiños..lembranzas

O CARBALLO DE SANTA MARGARIDA

Posted by pepe penas on Setembro 30, 2007

carballo04.jpg
Conta Frei Martin Sarmiento (1695-1772 ) que de neno Vivía na Boa Vila, Pontevedra, nunha casa da Rúa da Palma; como despois foi vivir a Mourente no pazo de Santa Margarida, e de como xogaba cos seus amigos debaixo do carballo que había diante da ermida; moitos anos mais tarde volve falar do carballo nunha copla, di del que o meirande do Reino. Daquela a Nosa Terra era coñecida co nome de Reino de Galiza.
Houbo outros persoeiros galegos que falaron deste carballo; entre eles: Manuel Murguia, Filgueira Valverde, e Carlos Dacal que lle dedicou o libro O Carballo de Santa Margarida. Recolle nas suas páxinas que, segundo a crenza das xentes, as promesas feitas debaixo del xamais se rompen.
Pescudando pola Rede fun bater coa Bbiblioteca Virtual Cervantes; xa dentro dela atopei unha publicación con nome de Ilustración Española y Americana que fala de como o tal carballo foi arrincado por un furacán que houbo en Pontevedra o 15 de Nadal de 1886; tamén atopei, na devandita publicación, un dibuxo feito por Manuel Ramos Artal.
carballo02.jpg

PICA NAS LIGAZONS AQUI DEBAIXO

Publicación de 1886 Furacán en Pontevedra 1886 Carballo Sta.Margarida
logobv.jpg

4 Respostas to “O CARBALLO DE SANTA MARGARIDA”

  1. Frada Branca Says:

    Debe ser un Carballo máxico

  2. paideleo Says:

    Nunca nos fixamos nos seres e cousas máis vellas ca nós.
    Eu vin nos EEUU unha árbore que tiña máis de 3000 anos cando morreu que foi hai uns vinte anos ou así e eu pensando que non lle costaba nada vivir ata coñecela eu pero así é a vida.
    Graciñas pola felicitación para o Leo.

  3. susolista Says:

    É unha maravilla, disfrutar a vista oao tacto e o oido, de algo que sabes, que pra estar ahí, pasou por dios sabe que trances. Imaxína o que ese árbol vío.

  4. Paco Penas de DORVISOU Says:

    Sería interesante saber cantos anos poderían ter os carballos da capilla de Dorvisou. Non moitos pero unha chea deles si :-)

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>