Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A MESTRA DE DORVISOU

Posted by pepe penas o Agosto 23, 2004

maestra.jpgGloria era curmá da miña nai, e estivo de mestra na escola mixta de Dorvisou. Gracias a súa pacencia aprendín a ler e escribir coma outros moitos rapaces e rapazas . Lembro con moita morriña aqueles dias en que liamos pasaxes do Quixote, escribiamos o dictado, con aquelas plumas que se mollaban no tinteiro que habia no pupitre, e cando rompian diciamos que se esgallaban. Faciamos contas.. estudiabamos a leccion da enciclopedia en voz alta, e repetiamos os nomes dos ríos e das capitales dos paises do mundo.
Cando chegaba a hora do recreo saiamos para diante da capela e debaixo daqueles carballos, que ainda hai, xogabamos os rapaces sempre coma tolos, a golpes uns cos outros.. e as rapazas , mais tranquilas poñianse en duas filas e unha andaba polo medio dicindo e facendo non sei que cousas. As veces o Ismael,que era algo rillote, sacaba a sua ferramenta e paseabase mexando polo medio delas escarallándose coa risa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: