Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A MALLA

Posted by pepe penas o Novembro 2, 2004

malladora.jpg
Eu xa non me lembro como separaban o grán de trigo da palla denantes de que houbera estos aparellos, teño ollado na casa dos meus avós un trebello de dúas pezas de madeira unidas por un anáco de coiro que lle chamaban o mallo; era para para petar con forza en riba do trigo que estaba espallado pola eira; non era axeitado para nenos, tiña que ser un home feito e dereito quen andivera con él, despois de meterlle ó corpo unhas boas cuncas de caldo e outras moitas cousas desas que quitaban a fame a dabanlle a xente gana de traballar; era unha labor dura que lle partía a alma e mais as costelas a quen tiña que facelo. A máquina de mallar e un deses inventos que entrou nas aldeas de Galicia facendo moito barullo e marchou case sen decir adiós; dende que chegou este aparello, que case traballaba  el soio, facer a malla era moi doado, era case coma coser e cantar, a xente somentes collía a palla que saia por un lado e o grán polo outro; o traballo mais duro coma era denantes bourarlle co mallo ó trigo, faciao a malladora doutra maneira axudada polo motor, que nunca ó levou preso a Garda Civil malia ser da marca Lister. A miña meirande ilusión no tempo das mallas era subirme a meda, e dende alí en riba guindar os mollos para onde estaban os que metían o trigo na máquina; case sempre subiamos dous rapaces, e ainda que eramos pequenos xa aprendiamos a pillaría dos meirandes, moitas veces, faciamolo adrede, botabamolos encima da cachola dos que estaban debaixo. A pesares de ser un traballo esgotador a xente ia a malla con ledicia…xuntábanse todolos veciños…os mozos e as mozas tiñan ocasión de verse de cerca…e o acabarse esa malla xa viña outra noutra casa…mais traballo…mais mozas…mais mollos en riba das cacholas…A pobre da máquina empezou a traballar menos cada ano que ia pasando; os mozos marchaban… primeiro para Venezuela…despois Bilbao…despois Francia, Alemania..; somentes quedaban os vellos..e eles xa non podían cavar os montes, facer as burreas, sementar o trigo, segalo..empezou a sair toxo, fentos, había menos perdices, ollabase pouco o paspallás…a máquina deixou de traballar..comezou a enferruxarse…o motor tampouco tiña traballo..callouselle o aceite….deixou de beber gasolina…somemtes lle quedaba o nome de Lister, do que non podía ter moita fachenda….porque foi un dos que perdeu….Enrique Lister rematou de coronel na banda dos malos da nosa maldita Guerra Civil…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: