Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

MARTIN SILLA

Posted by pepe penas o Febreiro 15, 2005

disney02.jpg
Cando somos pequenos case sempre nos lembramos das persoas polas cousas que fan, só con velos de seguida nos ven a cabeza algún disney01.jpgdos seus feitos; lembrome de cando a miña filla Marta era unha nena, iamos pola rúa e mirando para lonxe dicía: Mamá, Papá..mirade, mirade..o Pato da Moncloa;  tardamos un anaquiño en decatarnos do que nos estaba a dicir, seguimos cos ollos o que sinalaba o seu dedo e ollamos unhos carteis electorais…alí estaba Adolfo Suarez… non había ningunha dubida: ¡ Adolfo Suarez era o Pato da Moncloa!. Outro persoaxe que nos  despistaba era Martin Silla, deste xa foi mais doado adiviñar de  quen nos quería falar, onde remataba a punta do seu dedo aparecía Martín Villa, ela figurabaselle que era Martin Silla, e asi tiñamolo que entender. Outro persoaxe que adviñamos  pronto foi a Rienda Sofia, esta vez de contado soubemos de quen falaba…xa estabamos feitos unhos especialistas na lingua dos nenos. Non me esquezerei nunca mais do mal que me sentín unha vez que dixen Sofia Lauren, e alguén que se tiña por moi listo dixome ríndose de min: dise Sofia Loren, parvo…costoume traballo cambearlle o nome, pero hoxe xa lle chamo como se di nos libros. Esto trata de ser un exercicio para Marta que de supeto atopase nun pais, no que non falan coma nos; como dí a su avoa: mira que o pasan mal a falar….se falaran coma nos…non pasaban a metade do traballo a dicir cousas tan raras. Marta cando escoites algo que nunca oiches..pensa en algo que te faga rir…e así cando volvas a oilo seguro que te esmendrellas coa risa…unha de duas: porque non entendes o que che din ou porque che soa a estranxeiro e tampouco non entendes nada.
Estes dibuxos pintachelos nun cristal cando eras mais pequena….son moi bonitos…Moitos bicos..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: